Sobre nós
Estudio Estampa é un estudio de deseño e serigrafía de dúas irmás, en Mondoñedo. Gústanos traballar de forma sostenible, con tintas ecoloxicas non perxudiciais para o medio ambiente. Formar parte dos proxectos que nacen no rural Galego producindo en pequena escala, e chegar dende aquí a todo o mundo. A nosa formación de Deseñadora Gráfica e de Deseño de Moda axúdanos a formar parte de todo o proceso, do deseño de pezas, creación das cores, pantallas e produto final.
Recibimos visitas de grupos de nenos e grandes que veñen coñecer o oficio, poden deseñar e estampar a súas propias láminas.
Taller Rexistrado Nº 993.
MONDOÑEDO, Lugo .